domingo, 12 de mayo de 2019

1º Trash Challenge

Nos últimos años estamos a presenciar como o planeta no que vivimos está a sufrir cambios drásticos pola contaminación que, de non poñer remedio pronto, acabará perdendo moita da biodiversidade que contén. Debido a que a conciencia ecolóxica do noso alumnado é moi alta, decidimos poñer en marcha un “Trash Challenge” ou reto de recollida de lixo. Para iso, fixemos partícipes ás familias deste fermoso proxecto, e aquí vos traemos os marabillosos resultados.

Esperamos que fose unha actividade enriquecedora para todos e agardamos con ansia poder repetilo para o vindeiro curso!

viernes, 10 de mayo de 2019

Tráiler: "Vexo Poderes 2"

Despois dun tempo, chega por fin o 3º e derradeiro tráiler deste curso. Xa queda pouco para rematar o ano académico e só falta un último pulo cheo de ánimo e esforzo para acabar ben e así logo poder gozar do verán como se merece.

Espero que vos guste!




Excursión Granxa-Escola “Corazón de Carballo”

O pasado 30 de abril, os alumnos e alumnas de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Xosé Fernández López puideron gozar dun fantástico día de excursión na Granxa-Escola “Corazón de Carballo” sita no concello de Tomiño.

A continuación mostramos unha montaxe audiovisual da excursión:


Aplicacións empregadas na montaxe: KeyNote e iMovie.
Música: “Another day of sun” da BSO de Lala Land.