viernes, 21 de diciembre de 2018

Boas Festas!


Clasificación dos Invertebrados

Como remate de trimestre mostrámosvos os vídeos coa clasificación de invertebrados na que se inclúen:

- Artrópodos
- Moluscos
- Cnidarios
- Poríferos
- Equinodermos
- Anélidos






jueves, 20 de diciembre de 2018

Peixes e Anfibios

Aquí achegamos o traballo dos alumnos de 3º dos dous grupos que faltaban de vertebrados: os peixes e os anfibios.




lunes, 17 de diciembre de 2018

lunes, 10 de diciembre de 2018

Día de la Declaración Universal de los Derechos Humanos

El 10 de diciembre se celebra la Declaración Universal de los Derechos Humanos. Descubre más sobre este día en los siguientes vídeos.




martes, 4 de diciembre de 2018

Tiro con arco

En novembro tivemos a sorte de contar coa visita de Mónica Ledo do club Archers Team de Mos. O seu palmarés é fenomenal, contando entre os seus últimos logros un bronce no Campionato de España de arco en 2018, e un ouro no campionato de Galicia de 2017.

O alumnado aprendeu os elementos necesarios para practicar tiro con arco e a técnica básica.

Moitas grazas pola visita!


Mamíferos, Réptiles e Aves

Os alumnos e alumnas de 3º comparten con nós o seu coñecemento dos mamíferos, réptiles e aves.







Animais Vertebrados e Invertebrados


O alumnado de 3º achégannos a súa visión sobre os animais vertebrados e invertebrados.




domingo, 25 de noviembre de 2018

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A educación é un dos elementos fundamentais para poder, entre todos, cambiar a mellor a nosa sociedade.

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e que pretende loitar contra a violencia que sofren as mulleres, tanto no ámbito familiar como no social, e que supón unha lacra para o conxunto da poboación. Dentro do colectivo das mulleres, as menores de idade son as que máis sofren, polo que son as que precisan maior atención e axuda pola nosa parte.

A continuación tedes varios vídeos que nos axudan a reflexionar sobre o tema.










lunes, 19 de noviembre de 2018

Día Universal da Infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia, onde os dereitos do neno son unha peza fundamental para poder entender a importancia da celebración de dito día.

A continuación tedes tres vídeos para profundizar na materia.





viernes, 16 de noviembre de 2018

Repasamos as táboas de multiplicar

Hoxe traémosvos unha páxina molona para repasar as táboas de multiplicar. Unha vez que comezas... non podes parar! Coidado que engancha!

Pinchade no seguinte enlace para ir á páxina:




jueves, 15 de noviembre de 2018

Yaracan: cans de terapia

O pasado 8 de novembro estiveron no centro os amigos de Yaracan, unha asociación que emprega cans adestrados para facer diferentes actividades con fins terapéuticos.

Aprendemos moito e pasámolo moi ben.

A continuación tedes un vídeo en forma de presentación sobre dita actividade.


viernes, 5 de octubre de 2018