miércoles, 3 de abril de 2019

“Sentimos as Froitas”

En 3º de Educación Primaria, dentro do proxecto de alimentación saudable, traballamos os nosos sentidos no recoñecemento de diferentes alimentos, entre eles as froitas. Resultou moi divertido e foi unha experiencia enriquecedora.

Velaí a mostra!


lunes, 1 de abril de 2019

“Enredando na rúa” con APAMP



O 27 de Marzo visitounos no CEIP XOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ a asociación APAMP, coa fantástica iniciativa que teñen este curso para celebrar os 40 anos do seu nacemento chamada “ENREDANDO NA RÚA”.

 Consiste na elaboración dunha manta xigante con diferentes fíos e teas e na que colaboran diferentes colectivos e institucións, coa intención final de expoñela nas rúas de Vigo.

Aquí vos deixamos a mostra da visita!

enlace a VÍDEO PRESENTACIÓN DA VISITA