jueves, 20 de diciembre de 2012

BO NADAL

Os profesores e profesoras do Segundo Ciclo de Primaria desexámosvos que pasedes un moi Bo Nadal e que os Reis Magos, Papá Noel ou o Apapaldor vos traian moitos regalos.
 
 
BO NADAL!

LECTURAS RECOMENDADAS NADAL: SEGUNDO CICLO

O Segundo Ciclo de Primaria recoméndavos dous libros para os nenos e nenas, un para cada curso.

Que non todo sexan xoguetes. Animámosvos a agasallar un libro.

Aquí tedes os que a nós nos gustan:


Lecturas recomendadas segundo ciclo

sábado, 1 de diciembre de 2012

sábado, 10 de noviembre de 2012

O MAGOSTO E O OUTONO

Nestas datas estivemos recompilando refráns, cantigas, adiviñas,... relacionadas co outono e co magosto, festa que acamos de celebrar o pasado venres día 9 de novembro. Aquí vos deixamos as nosas aportacións.

O Magosto

Este venres dia 9 de Novembro fixemos o Magosto no colexio.Programanos unha serie de xogos populares e comimos castañas asadas .Pasamolo moi ben .
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another digital slideshow by Smilebox

martes, 6 de noviembre de 2012

MELLORAR A VELOCIDADE LECTORA

Para mellorar a velocidade lectora preparamos este exercicio diario de lectura.

Os nen@s farán unha lectura en voz alta dun minuto. Pasado o tempo apuntarán as palabras que leron nese minuto e restaranlle as palabras nas que se equivocaron.

O resultado desta resta será o que teñen que anotar na táboa de rexistro.

Pedimos a vosa colaboración no momento en que fagan o exercicio para controlar o tempo, proporcionar a lectura… e moi importante, para comprobar que é certo o que escriben.

Estamos seguros que este exercicio favorecerá ó cabo do tempo a comprensión e a velocidade lectora, aspectos tan importantes para esta etapa e as futuras da súa vida.

Grazas pola vosa colaboración.


domingo, 28 de octubre de 2012

Que é o Samaín?

Deixamosvos cunha presentacións realizada polos rapaces e rapazas do IES de Porto do Son para que saibades en que consiste esta festa.

viernes, 21 de septiembre de 2012

NOVOS APARTADOS NO BLOGUE

Estamos iniciando un novo curso e queremos facilitarvos o acceso aos recurso web que vos aportamos. Para iso imos tratar cada asignatura tema a tema. Ademais deixamos máis recursos. O lado esquerdo está adicado a cuarto de Primaria e o dereito a terceiro. Na parte inferior do blogue tendes máis acceso a outros recursos como, por exemplo, actividades libros. Tamén continuamos cos apartados adicados a razoamento e comprensión e ás conmemoracións. Esperamos que os cambios que imos introducindo sexan do voso agrado.

lunes, 4 de junio de 2012

Letras Galegas -2012-

O pasado 16 de Maio celebramos o festival das Letras Galegas adicado este ano a Valentín Paz Andrade .Os nenos de 3º de Primaria  animaron o festival  co baile dos esqueletes do grupo de Migallas .Se queredes ver o ben que lles quedou aqui está o video.



 A continuación actuaron os nenos de 4º de Primaria ca canción "Pasacorredoira ",un baile con ritmo de Polka que os titores Ricardo y Mara prepararon con moito  esmero .Mirade que marchosa foi.



martes, 10 de abril de 2012

SAÍDA ESCOLAR XOVES 12 DE ABRIL

Á ATENCIÓN DOS PAIS/NAIS

Infórmase ás familias que o xoves día 12 de abril de 2012 o segundo ciclo realizará en horario escolar, unha saída escolar ao Auditorio Municipal de Porriño para ver unha actuación de títeres.                                                       
                                                                                              Os titores

domingo, 25 de marzo de 2012

martes, 28 de febrero de 2012

CONTOS DE PIRATAS.ENTROIDO 2012

Gardade os cartos e as xoias. Protexede a nenos e maiores que chegan dende os máis afastados mares ... OS PIRATÓNS DE 4º


CONTOS DE MEDO.ENTROIDO 2012

E agora desde o Inframundo chegan os nenos e nenas de Terceiro curso…….Temos esqueletos, fantasmas, vampiros, momias uns seres fantásticos que nos dan moito medo…..

Con todos vostedes OS MONSTERS.


martes, 21 de febrero de 2012

RAZOAMENTO E COMPRENSIÓN

Na parte dereita do blogue (debaixo do apartado de conmemoracións) inauguramos hoxe un adicado ao fomento do razoamento e da comprensión, principalmente. Dividímolo en varios apartados: Nas Matemáticas atoparedes páxinas de cálculo, problemas, razoamento lóxico-matemático,... Nas Lenguas veredes páxinas de comprensión lectora (prosa, poesías, adiviñas,...), así como outras páxinas encaminadas ás aprendizaxes de redaccións, de frases feitas, etc, sen esquecernos de pasatempos relacionados co linguaxe (xogos de palabras, sopas de letras e cricigramas). En Coñecemento só puxemos, de momento, unha páxina adicada aos experimentos (comprensión e coñecemento), pero poremos máis páxinas encaminadas á ampliación dos saberes e á ampliación da vosa curiosidade, tanto en xeografía como en historia. Por último o apartado varios queda inaugurado cunha páxina que trata sobre diversas técnicas de estudio. Esperamos, como sempre, que estes enlaces que seleccionamos vos sexan moi útiles para facilitarvos a vosa aprendizaxe e que non esquezades consultar os outros recursos que aparecen no blogue.

lunes, 13 de febrero de 2012

OS PIRATÓNS

Os nenos e nenas de 4º imos ir disfrazados de piratas.
Para irnos facendo unha idea do noso disfrace, deixámosvos cunhas escenas da película Piratas do caribe.

viernes, 10 de febrero de 2012

VIDEOS DO DÍA DA PAZ

Aquí podedes ver como cantan os nenos de Primaria e Infantil a canción dos animais. Tamén xogan ó "Paniño" e os nenos de 4º xunto cos de 4 anos bailando o "Chuchuá".

BRUJAS DE AYER

Esta é a canción que imos cantar os nenos e nenas de Terceiro no Entroido do venres 17.
Mirade o vídeo para aprender ben a letra da mesma.


jueves, 26 de enero de 2012

CANCIÓN O ESQUELETO

Atopamos un video dos rapaces e rapazas dun colexio (CEIP Castelao) de Ordes (A Coruña) no que escenifica a canción O esqueleto de Migallas. Mirádeo e xa veredes que fácil e divertidos e aprender os ósos do noso corpo.



Grazas á súa mestra e aos nenos por compartir o seu video.

martes, 17 de enero de 2012