Moi bos días a todo o mundo!!
Como sabedes, o vindeiro domingo é 17 de maio, Día das Letras Galegas. Por iso, hoxe queremos coñecer algo do autor ao que están adicadas este ano: Ricardo Carvalho Calero.
A proposta de hoxe é ver o vídeo do preguntoiro musical no que se fai un resumo da súa biografía. Despois hai que completar a ficha para contestar as preguntas sobre a súa vida (lembrade que se debe responder escribindo unha oración completa). Por último, deixámosvos un LIM para xogar no que aprenderedes máis datos sobre este escritor e tamén sobre as Letras Galegas en xeral. Esperamos que vos guste.😊
Ola son Aroa de 3B a miña clase xa lle pasei este xogo, a ver si vos gusta
ResponderEliminarhttps://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020
Moitísimas gracias Aroa.��
ResponderEliminar