sábado, 15 de junio de 2019

1º Rastrexo no CEIP Xosé Fernández López

Ola compañeiros/as! Hoxe traemos unha videomontaxe sobre un acontecemento sinalado que creou gran expectación e resultou altamente satisfactorio.

Referímonos ao 1º Rastrexo realizado no centro. E preguntarédesvos, que é iso e por que o chamamos así? Porque é certo que hai outros nomes máis modernos e atractivos, pero non cumplían algún dos requisitos da actividade.

Por exemplo, Escape Room. Este é un anglicismo moi de moda, pero que está referido á actividade que se realiza dentro dunha habitación, resolvendo pistas e acertixos co obxectivo de saír dela.

Outro dos termos que barallamos empregar é o de Break Out, que xa está máis en consonancia coa actividade que realizamos, pois lévase a cabo en exteriores e hai que realizar probas, obter códigos, abrir caixas, etc. Sen embargo, tamén foi desbotada por ser outro anglicismo.

Finalmente, chegamos ao nome de Rastrexo, palabra galega moi empregada nos últimos anos para actividades similares onde se realiza un recorrido e onde existen probas que requiren destreza, axilidade, rapidez e intelecto.

Esperamos que vos guste!


No hay comentarios:

Publicar un comentario