domingo, 29 de septiembre de 2019
sábado, 15 de junio de 2019
Rastrexo: impacto en prensa dixital
Aquí podemos ver a actividade que realizamos do Rastrexo, recollida por diferente prensa dixital:
1º Rastrexo no CEIP Xosé Fernández López
Ola compañeiros/as! Hoxe traemos unha videomontaxe sobre un acontecemento sinalado que creou gran expectación e resultou altamente satisfactorio.
Referímonos ao 1º Rastrexo realizado no centro. E preguntarédesvos, que é iso e por que o chamamos así? Porque é certo que hai outros nomes máis modernos e atractivos, pero non cumplían algún dos requisitos da actividade.
Por exemplo, Escape Room. Este é un anglicismo moi de moda, pero que está referido á actividade que se realiza dentro dunha habitación, resolvendo pistas e acertixos co obxectivo de saír dela.
Outro dos termos que barallamos empregar é o de Break Out, que xa está máis en consonancia coa actividade que realizamos, pois lévase a cabo en exteriores e hai que realizar probas, obter códigos, abrir caixas, etc. Sen embargo, tamén foi desbotada por ser outro anglicismo.
Finalmente, chegamos ao nome de Rastrexo, palabra galega moi empregada nos últimos anos para actividades similares onde se realiza un recorrido e onde existen probas que requiren destreza, axilidade, rapidez e intelecto.
Esperamos que vos guste!

jueves, 23 de mayo de 2019
viernes, 17 de mayo de 2019
domingo, 12 de mayo de 2019
1º Trash Challenge
Nos últimos años estamos a presenciar como o planeta no que vivimos está a sufrir cambios drásticos pola contaminación que, de non poñer remedio pronto, acabará perdendo moita da biodiversidade que contén. Debido a que a conciencia ecolóxica do noso alumnado é moi alta, decidimos poñer en marcha un “Trash Challenge” ou reto de recollida de lixo. Para iso, fixemos partícipes ás familias deste fermoso proxecto, e aquí vos traemos os marabillosos resultados.
Esperamos que fose unha actividade enriquecedora para todos e agardamos con ansia poder repetilo para o vindeiro curso!
Esperamos que fose unha actividade enriquecedora para todos e agardamos con ansia poder repetilo para o vindeiro curso!
viernes, 10 de mayo de 2019
Tráiler: "Vexo Poderes 2"
Despois dun tempo, chega por fin o 3º e derradeiro tráiler deste curso. Xa queda pouco para rematar o ano académico e só falta un último pulo cheo de ánimo e esforzo para acabar ben e así logo poder gozar do verán como se merece.
Espero que vos guste!
Espero que vos guste!
Excursión Granxa-Escola “Corazón de Carballo”
O pasado 30 de abril, os alumnos e alumnas de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Xosé Fernández López puideron gozar dun fantástico día de excursión na Granxa-Escola “Corazón de Carballo” sita no concello de Tomiño.
A continuación mostramos unha montaxe audiovisual da excursión:
A continuación mostramos unha montaxe audiovisual da excursión:
Aplicacións empregadas na montaxe: KeyNote e iMovie.
Música: “Another day of sun” da BSO de Lala Land.
lunes, 8 de abril de 2019
Unidades de lonxitude
Repasa os seguintes vídeos sobre as unidades de lonxitude e a continuación practica nos seguintes xogos.
miércoles, 3 de abril de 2019
“Sentimos as Froitas”
En 3º de Educación Primaria, dentro do proxecto de alimentación saudable, traballamos os nosos sentidos no recoñecemento de diferentes alimentos, entre eles as froitas. Resultou moi divertido e foi unha experiencia enriquecedora.
Velaí a mostra!
Velaí a mostra!
lunes, 1 de abril de 2019
“Enredando na rúa” con APAMP
O 27 de Marzo visitounos no CEIP XOSÉ FERNÁNDEZ LÓPEZ a asociación APAMP, coa fantástica iniciativa que teñen este curso para celebrar os 40 anos do seu nacemento chamada “ENREDANDO NA RÚA”.
Consiste na elaboración dunha manta xigante con diferentes fíos e teas e na que colaboran diferentes colectivos e institucións, coa intención final de expoñela nas rúas de Vigo.
Aquí vos deixamos a mostra da visita!
enlace a VÍDEO PRESENTACIÓN DA VISITA
viernes, 29 de marzo de 2019
O Dr. Bones en Marrocos
Aquí chega a nosa mascota de viaxe con moito que contar da súa marabillosa experiencia por terras marroquís. A mestra Mara fixo os honores e axudounos a comprender un pouco máis este país veciño que visitou o Dr. Bones. Xa estamos todos que devecemos por ir aló de vacacións!
miércoles, 27 de marzo de 2019
Grandes Mulleres (parte 1)
O pasado 8 de Marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Dende a aula de 3º traballamos diferentes figuras femininas que foron moi importantes no mundo tanto polos súas fazañas e achados así como polos muros que foron derrubando para que as mulleres sexan recoñecidas, valoradas e tratadas como se merecen.
A continuación, compartimos os traballos feitos polo alumnado.
A continuación, compartimos os traballos feitos polo alumnado.
domingo, 17 de marzo de 2019
Webquest sobre MARROCOS
Coñece Marrocos xunto a nós e ao Dr. Bones!
Hai pouco que a nosa mascota estivo de viaxe e precisa da nosa axuda para ordenar toda a información que nos ten que contar.
Preme AQUÍ e poderás visitar a nosa web sobre este país veciño, na cal terás que investigar para dar resposta a diferentes cuestións.

miércoles, 6 de marzo de 2019
domingo, 24 de febrero de 2019
martes, 19 de febrero de 2019
Hábitos saudables e tempo de lecer
Cubre o seguinte cuestionario sobre os HÁBITOS SAUDABLES E O TEMPO DE LECER.
lunes, 18 de febrero de 2019
domingo, 10 de febrero de 2019
As viaxes do Dr. Bones: Alemania.
O Dr. Bones chegou á aula de 3°B para quedarse un tempo!
Nesta primeira viaxe estivo recorrendo Alemania, un país moi interesante. A coidadora Silvia, que nacen e viviu moitos anos neste país, axudou ao Dr. Bones a contarnos como é e todas aquelas cousas que son diferentes do noso.
Que ilusión! Cal será o seguinte destino do Dr. Bones?
miércoles, 6 de febrero de 2019
Xogos para practicar a DIVISIÓN
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes páxinas con xogos nas que poderedes practicar as divisións.
XOGOS DIVISIÓN 01
XOGOS DIVISIÓN 02
XOGOS DIVISIÓN 03
XOGOS DIVISIÓN 04
XOGOS DIVISIÓN 01
XOGOS DIVISIÓN 02
XOGOS DIVISIÓN 03
XOGOS DIVISIÓN 04
martes, 5 de febrero de 2019
Tráiler: VEXO PODERES
Tras unhas semanas de espera, aquí chega a segunda entrega dos tráilers que estamos a facer na aula. Esperamos que vos gusten!
lunes, 28 de enero de 2019
martes, 22 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
Clasificación dos Animais (mapa mental)
A modo de repaso, achégovos un mapa mental da clasificación dos animais, incluindo a maiores a etimoloxía das palabras, que non é outra cousa que a orixe ou procedencia das mesmas.
Repaso do Tema 2 (Os animais)
A continuación tedes varios enlaces a webs con exercicios de repaso:
- REPASO 1
- REPASO 2
- REPASO 3
- REPASO 4
- REPASO 5
- REPASO 1
- REPASO 2
- REPASO 3
- REPASO 4
- REPASO 5
jueves, 10 de enero de 2019
Tráiler “A Búsqueda da Amizade”
En clase de terceiro experimentamos coas Novas Tecnoloxías e creamos un tráiler de película!
martes, 8 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)