jueves, 24 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero

Para non esquecer este día deixamos a mensaxe da cantante Bebe: Malo, malo
Malo, malo, malo eres
no se daña a quien se quiere, no
tonto, tonto, tonto eres
no te pienses mejor que las mujeres...

miércoles, 23 de noviembre de 2011

CONCERTO DIDÁCTICO

Onte, martes 22 de novembro, asistimos a un concerto didáctico no Círculo Cultural de O Porriño. Alí divertímonos moito mentres aprendíamos como se chamaban os distintos instrumentos musicais que nos ensinaron (madeira, metal e percusión).




LEMBRANZA DO MAGOSTO 2011

No Magosto fixemos varios xogos e tamén comemos castañas. Para lembrar ese día deixámosvos agora cunha soa imaxe, pero estamos preparando os videos da conmemoración. Proximamente estarán colgados na nosa páxina web. Recibiredes noticias.
Aí vai a foto.

lunes, 21 de noviembre de 2011

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes 22 de novembro asistiremos ao Círculo Cultural de O Porriño a ver un concerto didáctico.
O concerto empeza ás 12:30 e remata ás 13:15 (para os nenos e nenas de 1º, 3º, 5º e 6º). (Tomaremos a merenda antes de ir ao acto).
En cambio, para os de 2º e 4º comeza as 11:30 e remata ás 12:15 (tomarán a merenda no colexio).
O obxectivo xeral desta saída é achegar a población ao marabilloso mundo da música.
Como obxectivos didácticos temos os seguintes:
-          Facilitar unha actividade didáctica de carácter musical.
-          Promover o coñecemento dos diferentes instrumentos.
-          Espertar a curiosidade e interese por esta arte.
-          Dar a coñecer a Escola Municipal de Música.
-          Amosar a xuventude dos seus músicos.
E todo isto, por suposto, permitiranos disfrutar da música e da convivencia con todos os compañeiros e compañeiras.

viernes, 4 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O venres 11 de novembro celebraremos O MAGOSTO


A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas e o noso centro quere festexala como se merece (asando e comendo castañas todos xuntos).
Tede en conta que a palabra magosto designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión.

Lembrade que cada nen@ traerá un puñado de castañas cortadas para asar e una bebida (que non teña envase de vidro).
Ademais, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que poida, traerá para face-lo lume: leña, carozos, paos, piñas,…

Unha cantiga típica do magosto é a de Non chas quero, non chas quero e aí tedes uns versos da mesma

Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que cheiran ao chamosco.

Deixámovos con dúas cancións relacionadas co magosto. Para velas e escoitalas, so tedes que picar no título da canción.

Non chas quero

Vivan las castañas