viernes, 16 de diciembre de 2011

Mural dos animais

Os alumnos de terceiro fixemos un mural dos animais porque estamos aprendendo a clasificación dos mesmos.



martes, 13 de diciembre de 2011

MI BURRITO SABANERO

Estamos próximos ás vacacións de Nadal, unha época de felicidade e panxoliñas. Algunhas delas é Mi burrito sabanero. Tendes máis no apartado de conmemoracións (Nadal), no enlace videos de villancicos.

lunes, 12 de diciembre de 2011

lunes, 5 de diciembre de 2011

ANIMAIS DE VIGOZOO

Con estes libriños queremos que coñezades algúns dos animais que hai en Vigozoo:  aves, mamíferos, réptiles e outros animais.

Para velos ben tendes que ter un tipo de letra que se chama massallera nas fontes do voso ordenador. Está no seguinte enlace Letra massallera

viernes, 2 de diciembre de 2011

DITOS, ADIVIÑAS E CANTIGAS

Algúns dos alumnos e alumnas de 3º A recompilaron os seguintes ditos, adiviñas e cantigas.
Disfrutade do seu traballo.
Ditos, adiviñas e cantigas

jueves, 1 de diciembre de 2011

DÍA DA CONSTITUCIÓN

En España, o Día da Constitución é o sexto día do último mes do ano (o). É un día festivo en España no que se conmemora a celebración do Referéndum Constitucional de 1978 no que o pobo español aprobou por ampla maioría a actual Constitución Española, en vigor dende entón.
Entre as actividades que vos preparamos para coñecer a Constitución están as que vos poñemos a continuación. Xa sabedes que só tedes que pincha no enlace para ir  velas:

Xogo sobre a Constitución
Día da Constitución (Explicación e actividades)

O Estatuto de Autonomía de Galicia (sinxelamente Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica da Comunidade Autónoma de Galicia (España). No ámbito da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia, recoñece a esta Comunidade Autónoma a súa condición de nacionalidade histórica. Afirma que os poderes da Comunidade Autónoma baséanse no Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre todos os integrantes do pobo galego
Para ver una presentación e saber que é o estatuto de Galicia pinchade na seguinte enlace:

Presentación sobre o Estatuto

Deixámosovos cun vídeo presentación sobre a Constitución española

jueves, 24 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero

Para non esquecer este día deixamos a mensaxe da cantante Bebe: Malo, malo
Malo, malo, malo eres
no se daña a quien se quiere, no
tonto, tonto, tonto eres
no te pienses mejor que las mujeres...

miércoles, 23 de noviembre de 2011

CONCERTO DIDÁCTICO

Onte, martes 22 de novembro, asistimos a un concerto didáctico no Círculo Cultural de O Porriño. Alí divertímonos moito mentres aprendíamos como se chamaban os distintos instrumentos musicais que nos ensinaron (madeira, metal e percusión).




LEMBRANZA DO MAGOSTO 2011

No Magosto fixemos varios xogos e tamén comemos castañas. Para lembrar ese día deixámosvos agora cunha soa imaxe, pero estamos preparando os videos da conmemoración. Proximamente estarán colgados na nosa páxina web. Recibiredes noticias.
Aí vai a foto.

lunes, 21 de noviembre de 2011

CONCERTO DIDÁCTICO

O martes 22 de novembro asistiremos ao Círculo Cultural de O Porriño a ver un concerto didáctico.
O concerto empeza ás 12:30 e remata ás 13:15 (para os nenos e nenas de 1º, 3º, 5º e 6º). (Tomaremos a merenda antes de ir ao acto).
En cambio, para os de 2º e 4º comeza as 11:30 e remata ás 12:15 (tomarán a merenda no colexio).
O obxectivo xeral desta saída é achegar a población ao marabilloso mundo da música.
Como obxectivos didácticos temos os seguintes:
-          Facilitar unha actividade didáctica de carácter musical.
-          Promover o coñecemento dos diferentes instrumentos.
-          Espertar a curiosidade e interese por esta arte.
-          Dar a coñecer a Escola Municipal de Música.
-          Amosar a xuventude dos seus músicos.
E todo isto, por suposto, permitiranos disfrutar da música e da convivencia con todos os compañeiros e compañeiras.

viernes, 4 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

O venres 11 de novembro celebraremos O MAGOSTO


A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas e o noso centro quere festexala como se merece (asando e comendo castañas todos xuntos).
Tede en conta que a palabra magosto designa tamén a propia fogueira na que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión.

Lembrade que cada nen@ traerá un puñado de castañas cortadas para asar e una bebida (que non teña envase de vidro).
Ademais, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que poida, traerá para face-lo lume: leña, carozos, paos, piñas,…

Unha cantiga típica do magosto é a de Non chas quero, non chas quero e aí tedes uns versos da mesma

Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que cheiran ao chamosco.

Deixámovos con dúas cancións relacionadas co magosto. Para velas e escoitalas, so tedes que picar no título da canción.

Non chas quero

Vivan las castañas

lunes, 24 de octubre de 2011

domingo, 9 de octubre de 2011

NOVOS CAMIÑOS DE APRENDIZAXE

O CEIP Xosé Fernández López, no seu empeño por seguir estando á última nos avances tecnolóxicos comeza a achegar os recursos aos pais e nais, profesores e profesoras e, por suposto, aos nosos nenos e nenas.

O noso lema de centro vai sempre encamiñado a conseguir QUE O MAÑÁ SEMPRE SEXA HOXE NO FERNÁNDEZ LÓPEZ

Aínda está en preparación, pero queremos que xa o empecedes a coñecer e a disfrutar.
Xogando tamén podemos aprender.

Benvidos aos Blogues do Centro.

Un saúdo dos profesores e profesoras do CEIP Xosé Fernández López